Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Isra Cubillo - "O noroeste e outras cousas"

Neste primeiro proxecto individual que Israel Cubillo presenta en Moret Art, o fotógrafo coruñés amósanos a súa particular visión da paisaxe urbana deste noroeste que habitamos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/03/2023 ata o 02/06/2023

Xa rematou

Horario:

Luns a xoves: das 09.30 ás 14.00 h e das 16.30 ás 19.00 h

Venres: das 09.30 ás 14.00 h

Venres tarde e sábado: con cita previa

Enderezo:

Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Organiza:

Galería Moret Art

Contacto:

Rúa Uruguai, 1

15004 A Coruña

"Cada imaxe encerra unha historia que parece deter o tempo á espera de que as persoas espectadoras continúen o relato onde a súa cámara o parou. Unha visión poliédrica de lugares que resultarán para moitos de nós familiares, e que baixo a mirada de Cubillo adquiren novos matices e significados. Atmosferas únicas, que nos convidan a penetrar en lugares despoboados onde a presenza humana se revela en detalles nimios como un cartón de ovos, un anuncio tachado, ou unha lata de cervexa. É precisamente esta particular maneira de mirar, froito dun proceso de traballo intenso realizado durante anos, a que lle permitiu desenvolver un imaxinario propio dunha gran coherencia a nivel formal", manifesta Nuria Blanco, directora de Moret Art.

"A ollada de Isra Cubillo revela unha narración da cidade na que o underground choca coa beleza contemplativa e fráxil. Constrúe, dalgunha forma, o limiar de paso cara a outro relato urbano, un no que como un benshi xaponés móstralles ás persoas espectadoras as pequenas particularidades do escenario que habita. Seguindo quizais a idea enunciada por Diamela Eltit de que o corpo é o vagabundo por excelencia, o paseo pola cidade que propón Cubillo non é errante senón curioso, sarcástico, crítico e sensible, un estraño fío argumental que guía o seu relato urbano persoal. Un defecto de artista ou un impulso irreparable", reflexiona a doutora en Arquitectura Nuria Prieto a respecto deste proxecto expositivo.

Israel Cubillo (A Coruña, 1973). Fotógrafo autodidacta, vencellado ao mundo da fotografía dende a súa infancia (o seu pai traballou durante 40 anos nun laboratorio fotográfico e a súa nai editaba fotografías na casa) formouse con artistas e fotógrafos como Bernard Plossu, Alberto García-Alix, Vari Caramés, Ricky Dávila, Laura González-Flores, Ricardo Cases, Montserrat Soto, Carlos Cánovas ou José Manuel Castro Prieto. En 2005 é nomeado para a bolsa de formación fotográfica da Fundación Santa María de Albarracín, en 2001 participa en Descubrimientos de PHE, en 2012 participa en Novos PHE, e en 2014 é finalista do premio de fotografía Luis Ksado.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión