Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

IV Feira de Ciencia Isabel Zendal

Actividade para conmemorar o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2021

Xa rematou

Horario:

De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A participación será libre para todos os visitantes que aboen a entrada correspondente na recepción do Aquarium Finisterrae.

Organiza:

UDCiencia d+i, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a IV Feira de Ciencia Isabel Zendal.

A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 218 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas.

Neste evento, que se celebrará o sábado 27 de novembro, o Aquarium Finisterrae acollerá un programa de dez obradoiros atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.

  • De Galicia para o mundo. Historia dunha enfermeira e 22 nenos galegos que salvaron millóns de vidas.
  • A luz da natureza. Falarase sobre animais, plantas e minerais que emiten luz, que é a bioluminiscencia e outros tipos de luz que atopamos na nosa contorna.
  • Plantas cazadoras. Sobre os mecanismos de captura presentan diferentes xéneros de plantas carnívoras e o sentido biolóxico da súa existencia.
  • VacinaARTE. Cal é a diferenza entre un virus e unha bacteria? Que é unha vacina? Como se fai? Por que é importante vacinarse?
  • O tesouro do pirata. Perlas, corais, ouro, prata, xemas,... Jack Sparrow explicará como se forman estes minerais e xemas que forman parte do seu tesouro escondido na Illa Tartaruga.
  • Combatendo as bacterias. Por que as bacterias fixéronse resistentes aos antibióticos? Que fai que unha bacteria sexa resistente e outra non? Bla, o xen que proporciona ás bacterias resistencia á ampicilina.
  • A supervivencia das tartarugas mariñas. Neste obradoiro explicarase a bioloxía de tartarugas mariñas, como viven, aliméntanse, reprodúcense e comunícanse entre elas. A súa importancia nos ecosistemas e o detrimento das súas poboacións debido á actividade humana.
  • Aves mariñas. Neste obradoiro explicarase a bioloxía de aves mariñas, como viven, aliméntanse, reprodúcense e comunícanse entre elas.
  • Matemáticas e, a xogar! Un taller para coñecer as propiedades dalgúns obxectos matemáticos, descubrir a presenza das matemáticas en lugares inesperados e entender como certas propiedades matemáticas poden utilizarse para construír obxectos útiles.
  • O motor diésel. Explicaranse conceptos básicos de mecánica: o ciclo de catro tempos, sistemas de distribución, alimentación, refrixeración, lubricación e sistemas eléctricos auxiliares.

Tamén che pode interesar...

  • Semana Santa

    Programación Semana Santa

    Cando:

    Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Os Ratos de Lonxedetodo coas maletas indo de viaxe.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 31/03/2026 ata o 07/04/2026

    Require inscrición.

  • Móvil con un mapa

    Obradoiro de google maps

    Cando:

    Dende o 06/04/2026 ata o 07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 30/03/2026 ata o 13/04/2026

    Inscrición en liña

  • Os Ratos de Lonxedetodo lendo un conto a carón da lareira.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    08/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2026 ata o 08/04/2026

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión