Un adolescente desenvolve pouco a pouco un odio visceral cara á súa nai, unha muller moi pasiva que lle transmite sentimentos de culpa.
NON RECOMENDADA A MENORES DE 16 ANOS.
Para público en xeral
09/07/2015 ás 22:30
Xa rematou
xoves 22.30 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados, 2 euros)
981 184 293
Todo nela lle resulta irritante, desde o seu comportamento vulgar ata o seu mal gusto no vestir. Pero, por moito que o mozo a encha de reproches, ela ou finxe indiferenza ou se limita a afearlle a súa conduta.
Ópera prima do "enfant terrible" do cinema francés de Xavier Dolan: A película é un furioso retrato dun rebelde sen causa, rodado cunha paixón e desmesura só concebible en alguén que nos fala desde o vórtice da adolescencia.
Director: Xavier Dolan
Intérpretes: Anne Dorval, François Arnaud
Canadá, 2009 - 96 min
(V.O.S en castelán)
Formato: DVD
* Coloquio con Félix Fernández: Artista multidisciplinar. Licenciado en Belas Artes. Os seus proxectos foron apoiados por institucións españolas como Gas Natural Fenosa, La Casa Encendiada ou La Casa de Velázquez. A súa obra viuse internacionalmente en cidades como Berlín, Nova York, Washington, DC, Tunes, París, Roma, Seattle, Bogotá, Caracas, Tokio e Pequín, entre outras.

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible