O 16 de novembro a Sede Afundación A Coruña continúa coa súa cápsula de experiencias creativas co concerto de Joana Serrat e Mow dentro da programación de Acreativa, un proxecto que ten por obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais.
Para público en xeral
16/11/2017
Xa rematou
21:00 h. Apertura de portas 20:30 h
Entrada: 10 € anticipada / 14 € despacho de billetes
A cantautora de Vic (Barcelona) presenta o seu novo disco, Dripping Springs, o cuarto da súa exitosa carreira musical. O seu folk intimista e evocador, de claras influencias norteamericanas e canadenses, ten un punto cálido e profundo moi característico que mantén no seu novo traballo. Estamos ante o seu álbum máis completo, onde a composición e a interpretación, a personalidade e esa intanxible áurea cativadora que desprende Joana Serrat vense aumentadas de forma exponencial.

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible