O Centro Oceanográfico da Coruña realizará o sábado día 16 de xuño a XI edición da “Xornada de Portas Abertas”.
Familias, Para público en xeral
16/06/2018
Xa rematou
11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Instituto Español de Oceanografía. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 10. 15001 A Coruña
O vindeiro sábado 16 de xuño o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) organizará a XI edición de Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.
Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:
A VIDA MARIÑA AO MICROSCOPIO: mediante microscopios poderemos observar organismos planctónicos e bentónicos do noso litoral mariño así como distintos métodos de obtención das mostras.
EXPOSICIÓN DE APARELLOS OCEANOGRÁFICOS DE MOSTRAXE: Presentaremos os equipos oceanográficos de mostraxe, coas oportunas explicacións do seu funcionamento e manexo.
OS PEIXES E AS REDES: a través dun módulo interactivo mostramos a selectividade das artes de pesca e a problemática dos peixes inmaturos e os descartes.
AS VIAXES DOS PEIXES: explicaremos a importancia dos estudos de marcado e a recaptura dos peixes.
A OCEANOGRAFÍA EN FEMININO: na que faremos un repaso sobre a achega das mulleres ao estudo dos nosos mares.
O CORAZÓN DO PLANETA: por medio de experimentos de física e química mariña mostrarémosvos a distribución da temperatura oceánica, a salinidade e o pH da auga de mar.
LIXOS NO MAR: continuaremos coa concienciación sobre a eliminación dos lixos no mar. A nosa proposta é un CONCURSO DE RECICLAXE DE LIXOS MARIÑA, cuxos resultados poderedes ver nun recuncho das nosas instalacións oceanográficas.
ESPAZO INFANTIL: cuxa proposta estrela é o Concurso de Debuxo María Hermida.
ROBOTS SUBMARINOS: pilota as nosas maquetas teledirixidas de robots submarinos para a obtención de mostras.
COLECCIÓNS MARIÑAS: presentarémosvos a colección de exemplares mariños colleitados por compañeiros dos nosos Centros Oceanográficos.
Paneis diversos: con temática mariña.
Posa co "photocall" do IEO: os/as participantes terán oportunidade de facerse unha foto xunto a un peixe espada de tamaño real e outros animais mariños.

13/02/2026
Dende o 06/02/2026 ata o 13/02/2026
Require inscrición

14/02/2026

14/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 14/02/2026

14/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 14/02/2026

18/02/2026
Dende o 11/02/2026 ata o 18/02/2026

19/02/2026
Dende o 12/02/2026 ata o 19/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible