Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xornada de Puertas Abertas no Centro Oceanográfico da Coruña

O Centro Oceanográfico da Coruña celebrará o sábado día 14 de marzo a XVI edición da “Xornada de Puertas Abertas”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/03/2026

Horario:

de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Enderezo:

Paseo Alcalde Fco. Vázquez 10. 15001 A Coruña

Organiza:

Centro Oceanográfico da Coruña (Instituto Español de Oceanografía IEO-CSIC)

O vindeiro sábado 14 de marzo o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía-CSIC (IEO) organizará a XVI edición da Xornada de Puertas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.

Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima e amena algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

  • PESQUEIRAS SUSTENTABLES: No taller de pesca aprenderemos como é un peixe por dentro. Ademais, descubriremos que datos han de tomar os investigadores e a importancia da información científica para a sustentabilidade da pesca.
  • ALGAS E FLORA MARIÑA: Os nosos técnicos explicarán algunhas curiosidades do mundo vexetal das nosas costas.
  • OCEANOGRAFÍA FÍSICA: A través de amenos experimentos descubriremos importantes aspectos sobre a física dos océanos.
  • PLANCTO: No taller de plancto explicaremos a importancia que ten este en a rede trófica mariña, e o fundamental que é a nivel global. Teremos microscopios onde poder observar a impresionante diversidade destes minúsculos organismos.
  • ESPAZO INFANTIL "MARÍA HERMIDA": Onde os mozos investigadores deberán identificar as cunchas e outras especies que podemos descubrir nas nosas praias, concienciándose tamén sobre a importancia da xestión dos residuos e problemática do lixo mariño. Unha vez completada a súa misión atoparán algún que outro agasallo.
  • COLECCIÓNS MARIÑAS: Presentarémosvos algúns dos exemplares mariños colleitados por compañeiros dos nosos Centros Oceanográficos do IEO-CSIC.
  • Paneis diversos: con temática mariña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión