Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xornadas europeas de Arqueoloxía

13 e 14 de xuño de 2026 - Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/06/2026 ata o 14/06/2026

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

PROGRAMA

1. Visitas guiadas ao Castelo os días 13 e 14 de xuño.

Percorrido polo Castelo e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico

- Horario: 12.00 h

- Duración: 1 h 30 min

- Público: adulto

- nº prazas: 25

- Reservas: chamando ao 981 189 850 desde o martes día 9 de xuño ás 10.00 h ata o venres 12 de xuño ás 10.00 h

2. Visita guiada ao Castro de Elviña o domingo 14 de xuño

- Horario: 12.00 h

- Duración: 1 h 45 min

- Público: adulto

- Reservas: chamando ao 981 189 850, desde o martes 9 de xuño ás 10.00 h ata o venres 12 de xuño ás 10.00 h

3. Talleres infantís de Arqueoloxía no Museo Arqueolóxico e Histórico Castill de San Antón:

3.1. Pensar coas mans: A cerámica é, sen dúbida, un dos grandes avances da Prehistoria. Achegámonos ás súas orixes para descubrir os diferentes usos e tamén a evolución das técnicas de produción. Por último, observaremos os restos conservados na exposición do Museo, para falar da decoración e das formas empregadas como referencia para crear noso pote castrexo.

- Data: 13 de xuño de 2026

- Hora: 11.45 h

- Inscricións: a partir do 9 de xuño ás 10.00 h e ata o 12 de xuño ás 10.00 h

https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-27/https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-27/

- Prezo: gratuíto

3.2. Rock Art: ¿Que é un petróglifo? ¿Que representan? ¿De que época son? Aprenderemos todo sobre eles a través dos exemplos que podemos ven no museo, e coñeceremos algúns métodos tradicionais para a súa reprodución. Despois faremos unha copia grupal dun dos petróglifos que forman parte da exposición, e cada un traballará na creación do seu propio petróglifo.

- Data: 14 de xuño de 2026

- Hora: 11.45 h

- Inscricións: a partir do 9 de xuño ás 10.00 h e ata o 12 de xuño ás 10.00 h

https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-26/https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-26/

- Prezo: gratuíto

4. Talleres infantís de Arqueoloxía no Castro de Elviña:

- Duración aproximada: 1 h 30 min

- Idade: de 6 a 12 anos

- Prazas en cada taller: 20

4.1. ¡Arqueoloxía en acción!: a través dunha escavación simulada as nenas e nenos poderán achegarse ao traballo arqueolóxico. Descubrirán obxectos vinculados co xacemento de Elviña e coñecerán as formas de vida dos habitantes do castro. Ademais, faremos un pequeno percorrido polo yaciimiento paa descubrir as estruturas que foron quedando á vista despois das diferentes campañas de escavación

- Data: 13 de xuño de 2026

- Hora: 17.00 h

- Inscricións: con reserva previa a partir do 9 de xuño ás 10.00 h e ata o 12 de xuño ás 10.00 h

https://ticketing.coruna.gal/arq/arqadultos-26/https://ticketing.coruna.gal/arq/arqadultos-26/

- Prezo: gratuíto

4.2. Rastrexando Elviña: No traballo arqueolóxico, ¿como sabemos onde escavar? ¿Como delimitar o espazo? ¿Que ferramentas empréganse? Faremos un percorrido dinámico polo castro de Elviña que permitirá ao grupo achegarse ao labor arqueolóxico, coñecendo os traballos previos de prospección, a preparación do terreo e os traballos de gabinete que permiten coñecer as historias dos muros e dos obxectos. Durante o percorrido terán que ir completando unha serie de probas grupales para descubrir os segredos que se esconden en Elviña.

- Data: 14 de xuño de 2026

- Hora: 17.00 h

- Inscricións: con reserva previa a partir do 9 de xuño ás 10.00 h e ata o 12 de xuño ás 10.00 h

https://ticketing.coruna.gal/arq/rastrexando-26/

- Prezo: gratuíto

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión