O grupo Candilejas Don Bosco naceu o 24 de maio de 1985 no Centro Calvo Sotelo da Coruña. Ningún dos compoñentes do grupo é profesional das artes escénicas. Vai sendo a experiencia de moitas horas de traballo ilusionado no máxico das táboas o que lles vai dando a seguridade dunha tarefa ben feita.
Para público en xeral
02/07/2015
Xa rematou
Desde o ano 1998 os integrantes do grupo ‘Candilejas Don Bosco' (á parte de seguir coas súas actuacións) tiveron a inquietude de crear un Certame de Teatro Escolar e Afeccionado anual, porque consideran dita actividade unha ferramenta fundamental de axuda á formación integral da persoa. Un certame que goza dunha magnifica aceptación, reflectida no alto número de participantes, que durante tres meses, de marzo a xuño, representan as súas obras obras no salón de actos do Centro Calvo Sotelo.
Os soños que se fan realidade.
Con motivo do bicentenario do nacemento de Don Bosco, ‘Candilejas' tiña como reto presentarvos o musical: mozos, paro, droga, sexo… e Don Bosco. Aquí tedes o resultado. Que o gocedes.
Entidades

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible