Roma, un verán en todo o seu esplendor.
Para público en xeral
Os días 14/04/2016, 15/04/2016, 16/04/2016
Xa rematou
- xoves 14 de novembro 20.15 h
- venres 15 de novembro 20.15 h
- sábado 16 de novembro 20.15 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3 euros (carné Xove, +65 anos ou desempregados, 2.00 euros)
Os turistas acoden en masa ao outeiro Xanículo: un visitante xaponés desvanécese ao observar tanta beleza. Jep Gambardella (Toni Servillo) é un home atractivo e sedutor irresistible, que che fai ignorar os seus primeiros signos de envellecemento. Jep goza ao máximo da vida social da cidade. Asiste a ceas e festas elegantes, onde o seu enxeño e deliciosa compaña son sempre benvidas. Xornalista de éxito e sedutor innato, escribiu unha novela de mocidade coa que conseguiu un premio literario e a súa reputación de escritor frustrado. Acocha o seu desencanto tras unha actitude cínica que lle leva a ver o mundo con certa lucidez amarga. Na terraza do seu apartamento en Roma, con vistas ao Coliseo, organiza festas onde "o aparello humano" título da súa famosa novela, móstrase en toda a súa nudez mentres se desenvolve a gran comedia da nada. Cansado do seu estilo de vida, Jep soña con volver escribir, aferrándose ás memorias dun novo amor no que segue ancorado. Será quen de conseguilo? Será capaz de sobrevivir a esta profunda repulsión que sente cara a si mesmo e cara aos demais, nunha cidade cuxa beleza, ás veces, leva á parálise?
Director: Paolo Sorrentino
Intérpretes: Toni Servillo, Carlo Verdone
Italia, 2013 - 141 min
(V.O.S en castelán)
NON RECOMENDADA MENORES DE 12 ANOS
Formato: 35 mm
** DEBIDO Á SÚA LONGA DURACIÓN, ESTA PELÍCULA PROXECTARASE UNICAMENTE XOVES, VENRES E SÁBADO ÁS 20.15 H

Dende o 23/04/2026 ata o 25/04/2026

Dende o 23/04/2026 ata o 25/04/2026

04/05/2026

07/05/2026

11/05/2026

04/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible