Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A XVII Romaría do Lecer

Con motivo da XVII Foliada e Romaría do Lecer que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida, se celebrará na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 17 e 18 de xuño, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

17/06/2017

Xa rematou

Horario:

19:00 h - Obradoiros e FOLIADA INFANTIL

21:00 H - FOLIADA DE ADULTOS

Enderezo:

Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

O sábado día 17 de xuño realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunían para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.

Será ás 19:00 h. cando inicien os Obradoiros de música e baile para todo o público asistente e, de seguido, dará comenzo a FOLIADA INFANTIL. Ás 21:00 h. empezararemos coa FOLIADA DE ADULTOS, onde participarán grupos de toda a comunidade. No caso de estar interesados en asistir á mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: info@xacarandaina.com.

Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do domingo 18 de xuño, que acada xa a súa décimo séptima edición. Durante todo o día intentaremos recrear unha verdadeira Romaría! O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, acordeón, guitarra... este ano además teremos como grupo invitado ao grupo A Ponte Vella de Teo en horario de mañá.

Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco...

A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o "sabor" de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión