O nome inscríbese nesa longa tradición de comedias teatrais francesas que piden a gritos ser adaptadas á pantalla, como "La cena de los idiotas", por exemplo.
Para público en xeral
Dende o 24/02/2022 ata o 26/02/2022
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de venda de entradas e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Vicent, corentón e triunfador, vai ser pai por primeira vez. Invitado a cear á casa de Élizabeth e Pierre, a súa irmá e o seu marido, atópase con Claude, un amigo da infancia. Mentres esperan a Anna, a moza nova esposa de Vincent, entre o bo humor fanlle preguntas sobre a súa próxima paternidade. Pero cando lle preguntan se xa elixiu un nome para o neno, a súa sorprendente resposta provoca o caos.
Con Patrick Bruel e Valérie Benguigui
Francia, 2012, 109 min
VENTA DE LOCALIDADES

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible