Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Lendakaris muertos Cicatriz en la matrix

O momento no que coñeces a Lendakaris Muertos queda gravado a lume para sempre na túa memoria. Tal é o impacto que provocan os navarros co seu punk corrosivo e irónico, con temas como 'Veteranos de la kale borroka', 'Gora España', 'El problema vasco', 'Centro comercial' ou 'Gafas de pasta'. Entre moitas outras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/11/2016

Xa rematou

Horario:

23.30 h

 

 

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

15'00 € (venda anticipada ata o día anterior ao concerto ás 23.59 h, 12'00 €)

Televenda:

Ticketea

Letras divertidas como 'Oso panda' mestúranse con cancións que achegan unha visión sarcástica da realidade política e social do País Vasco e Navarra. A toda velocidade, con esa rabia punk que de cando en cando pasa dos tres minutos por corte e nas que escasean os punteos de guitarra. Pildorazos frenéticos de forza inapelable.

E é que sempre foi así, desde que o grupo comezase a súa andaina alá por 2004 cunha maqueta que superou as 20.000 descargas na súa web oficial. Un deses fenómenos que van de boca a orella correndo coma a pólvora mentres a popularidade de Lendakaris Muertos (nome 'adaptado' dos Dead Kennedys) multiplícase exponencialmente concerto a concerto, primeiro no norte da península e despois xa en todo o país ao ritmo de himnos como 'ETA, deja alguna discoteca'

O seu debut chegou en 2005 cun disco homónimo que era en realidade a maqueta ampliada, perfecta carta de presentación que resume a esencia da banda en media hora de broma, rabia e urxencia. Mesma fórmula de posteriores traballos como 'Se habla español' (2006), 'Vine, vi y me vendí' (2008), 'Crucificados por el antisistema' (2012) e 'Cicatriz en la Matrix' (2012).

Tras doce anos de andaina musical, Lendakaris Muertos son xa un nome clásico no punk rock patrio. O cuarteto integrado por Aitor, Joximi, Jokin e Potxeta conseguiu que a súa proposta cale nos fregueses grazas aos seus certeiros refráns e aos seus suorentos e esgotadores concertos. Demostrando que, ás veces, non tomarse demasiado en serio é o mellor para conseguir que te traten en serio. Entregade as armas, a revolución era isto.

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión