Unha homenaxe de Armand Rovira e Saida Benzal non tanto ao cineasta da Factory neoiorquina como ao seu legado inmaterial, en cinco historias excéntricas e cegadoras. O xoves 16 o director Armand Rovira e o produtor Jorge Vidal presentarán a película.
Para público en xeral
Dende o 16/09/2021 ata o 18/09/2021
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h.
Sábados: 17.30 e 20.00 h.
77 min
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Sábado ás 17.30 h., sesión do espectador. Prezo único: 1,50 €
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que acredite o desconto no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade. · Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Como membro de honra da Factory xunto a Andy Warhol, o excéntrico Paul Morrissey marcou a unha xeración de artistas alternativos modernos, rebeldes, inclasificables. Aqueles que aprenderon no marco da contracultura que o cinema non ten por que axustarse a convencións, nin da arte canónica nin da vida mesma. Así se entende mellor tamén 'Letters to Paul Morrissey', unha carta colectiva de amor ao artista (sen expectativas de que responda) e o seu influente legado a través de cinco historias individuais, cheas de medos e problemáticas sentimentais, que se apoian na idea de Morrissey case como unha conciencia invisible.
Rovira lánzase á tarefa de filmar cinco historias de ficción para envialas a Paul Morrisey, director de cinema, colaborador de Andy Warhol e representante da Velvet Underground. Usando unha cámara de 16mm e unha fotografía en branco e negro, reúne unha serie de misivas desde distintas partes do mundo e de personaxes dispares.
O filme foi premiado e seleccionado nun centenar de festivais destacando o Festival de Sevilla, BAFICI Arxentina, SEMINCI, D'A Barcelona ou POFF Tallin Black Nights.
Ano: 2018
País: España
Intérpretes. Xavi Sáez, Almar G. Sato, María Fajula
Cualificación. Non recomendada para menores de 16 anos
Proxección en BluRay
Proxección en VO varios SE
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: días de proxección desde media hora antes.
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 30/05/2024, 31/05/2024, 01/06/2024
Os días 30/05/2024, 31/05/2024, 01/06/2024
10/06/2024
Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible