De forte compoñente práctico, pero sobre todo creativo, o obradoiro iniciaranos no lightpainting, unha técnica fotográfica que nos permitirá pintar e debuxar con luz a través dunha exposición prolongada.
Para público en xeral
Dende o 23/10/2015 ata o 28/11/2015
Xa rematou
De 19.30 a 21.00 horas.
*A última sesión será o sábado 28 de novembro de 17.30 a 20.30 horas.
12 horas, 7 sesións
80'00 euros
Alumnos. Persoas interesadas na fotografía e as aplicacións creativas do lightpainting. Artistas visuais, grafiteiros e en xeral calquera persoa que se sinta creativa. Recoméndase acudir ao curso con trípode e unha cámara que permita modo bulb con disparador.
Experimentaremos coas ferramentas máis habituais -flashes, lanternas, fíos, leds, barras- e, como enfoque totalmente novo, aprenderemos a construír algunhas delas. Durante as sesións prácticas os alumnos traballarán por grupos adoptando diferentes roles e participando así en todas as áreas de traballo e decisión na creación e composición na procura dunha fotografía diferente pero sobre todo creativa.
Programa
1. Introdución ao lightpainting: tendencias e ferramentas necesarias.
2. Configuración e manexo da cámara.
3. Taller de inventos e técnicas de iluminación.
4. Photocall.
5. Exposición.
6. Iluminación e composición.
7. Planificación dunha escena.
8. Edición e visionado de traballos.
Antonio Martín. Fotógrafo autodidacta e colaborador de distintas publicacións e axencias de fotografía tanto nacionais como internacionais -Guetty Images, Fotolia, Istockphoto, 123RF, Deposiphotos, entre outras-. Recibiu unha vintena de premios en concursos fotográficos -sendo finalista no XXIII Memorial Internacional María Luisa na sección de Paisaxe-, e exposto en numerosas salas por toda España. Publicou artigos en revistas e libros, así como realizado conferencias e cursos especializados en fotografía nocturna. Recentemente participou como relator nas “I xornadas de Astroturismo da Veiga”, o “Congreso Expofoto Narón” e no “II Congreso Internacional de fotografía e documentalistas Beautiful Planet”.
Aviso. A actividade podería cancelarse ou sufrir modificacións por motivos organizativos ou por non alcanzar un mínimo de participantes. Toda alteración será notificada antes do inicio da actividade aos alumnos inscritos mediante correo electrónico.
Datas. Venres do 23 de outubro ao 27 de novembro de 2015.
Prazas limitadas. 15 persoas.
Inscrición. Ata o 20/10/2015 entregando a folla de inscrición cuberta xunto co importe en efectivo na recepción do museo en horario de apertura.

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

Dende o 19/01/2026 ata o 23/01/2026
Dende o 12/01/2026 ata o 16/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible