A vida é un ciclo sen fin… Un ritmo que volve unha e outra vez, como un abalo que non sabes se está a acabar ou é que acaba de empezar.
Para todos os públicos, a partir de 6 anos.
Para público en xeral
07/10/2023
Xa rematou
20.00 h
Duración: 50 minutos + charla coloquio despois da sesión
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (persoas desempregadas, Carné Xove, +65 anos e menores de 12 anos: 7,00 €) e abono 3 (de venda só nos despachos de billetes): 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Sempre nos dixeron que nacemos, crecemos, reproducímonos e morremos, como unha sorte de rito que se produce unha e outra vez, pero...
Como rompemos co noso suposto destino? E se tiveses a oportunidade... Que cambiarías e que volverías facer igual?
Cirk About it reflexiona sobre como avanzar mesmo cando te quedas atrapado no tempo. LOOP son os malabares creando patróns repetitivos, o vaivén da randeeira que impulsa a quen salta a 5 metros de altura, o tempo que se detén estando en vertical, o humor que fai que os minutos se convertan en segundos...
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: David Tornadijo Arce, Laura Barba Ruiz e Miguel Molinero García
Dirección e autoría: Cirk About It
VENDA DE ENTRADAS:
PAGAMENTOS: no despacho de entradas da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible