Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Encontro con Ana Julia Martínez e Manuel Fuentes

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/02/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 17 de febreiro ás 19.00 h, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, teremos o encontro cos escritores Ana Julia Martinez e Manuel Fuentes González.

Presentarán a súa novela conxunta:

Sinopse:

Un encontro casual, inesperado, une de novo dous bos amigos da infancia. A nacente etapa, que se antolla moi esperanzadora, crébase cun suceso fatídico. A inspectora Amelia Ferrer investiga o caso, sinxelo en aparencia. No seu labor entrecrúzanse outros sucesos e o avogado Raúl Medina, que se ve atrapado entre emocións persoais e deberes profesionais. Unha historia de caras poliédricas, sentimentos contrapostos e intereses máis comúns dos que os protagonistas poderían sospeitar. Intriga, amor, sufrimento, desconsolo e esperanza: unha oportunidade para a vinganza ou a xustiza. A historia atrapa o lector desde o primeiro momento e envólveo nunha serie de escenas, descricións e acontecementos relatados con dinamismo e destreza. Personaxes creados dende a pericia profesional dos seus autores que non deixará indiferente a ninguén.

Ademais Ana Julia Martínez presentará e asinaralles ás persoas asistentes a súa novela:

Sinopse:

Un matrimonio roto dende hai anos, onde non existe apenas comunicación e moito menos intimidade. Un amigo do pasado que aparece de modo fortuíto a través das redes sociais. Un agasallo que estará moi presente desde principio a fin. Chantal é unha muller doce e apaixonada pero, ante todo, cun amor de nai sen igual, e demasiadas ocupacións para pensar no rumbo que tomou a convivencia co seu marido.

Unha decisión. Unha viaxe. Unha estancia inesquecible na Cidade da Luz. Emocións, sentimentos atopados, sexo tántrico, erotismo, situacións atípicas. E un final inesperado e impactante.

Acceso libre ata completar a capacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión