#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
18/09/2023
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 18 de setembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "La impostura" de Ruth Pérez Antelo publicado pola Editorial Círculo Rojo.
SINOPSE:
"La impostura" é unha historia que ten moito que ver coas falsas aparencias, co engano, coas dores que acompañan a enfermidade mental, a cal non deixa de ser un engano da mente a si mesma. O título dio, a esencia do ser humano é o engano, nos seus aspectos positivos e negativos, como individuo e como sociedade. Á fin e ao cabo, a esperanza non deixa de ser unha forma de mentirnos, necesaria para soportar a vida. Porque a nosa especie, grazas ao seu desenvolvemento cerebral, é capaz de coñecer o futuro, na súa parte boa e na súa parte mala, empezando porque temos consciencia de que imos morrer, o cal nos converteu no único ser vivente especializado en contarse contos a si mesmo. E na novela isto concrétase tamén no tema amoroso, situación onde adoitamos mentirnos a nós e ao outro.
BIOGRAFÍA:
Ruth Pérez Antelo nace en Vimianzo, Galicia, e críase na Coruña. Dende pequena sente a chamada da escritura.
Chega a Madrid hai moitos anos, para acabar os seus estudos e especializarse en Historia da arte. Ao acabar, realiza o que entón era o traballo de investigación, equivalente á tese de licenciatura, e nos anos seguintes escribe artigos para revistas, para un dicionario de mulleres artistas e algún congreso.
Logo a súa vida dá un xiro inesperado e axúdalle a montar un taller artesán de madeira ao seu marido. Venden en feiras por toda España, ata que queda embarazada, deixa o taller e empeza a dar clases en centros culturais da cidade, ensinando a restaurar mobles, e tamén historia da arte na cidade de Madrid. Todo este tempo traballa en actividades variadas, desde aprender o oficio cun restaurador e dorador a redactar informes de anatomía patolóxica, vender entradas no Teatro Real ou marquetería na Feira de Recoletos, ou explicar a cidade e as súas reviravoltas.
Tantas experiencias distintas, e o gusto por escribir desde sempre, fixéronlle, nas súas palabras, "sacar tempo de onde puiden para acabar esta historia, porque sentía a necesidade de contar".
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible