#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
07/11/2022
Xa rematou
Acceso libre até completar capacidade.
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O próximo luns 7 de novembro ás 19 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano temos a presentación do libro "Poemas Escollidos" de Douglas Dunn, a cargo da súa tradutora María Armental.
Os poemas do escritor escocés Douglas Dunn xa se poden ler en galego en Selected Poems / Poemas escollidos grazas á tradución da profesora de lingua inglesa María D. Armental.
Un libro que foi posible grazas á HFD Editorial e á Asociación Cultural Barbantia en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.
Unha publicación de poemas seleccionados, en versión en inglés-galego, que destacan pola unión de realismo crítico, as imaxes surrealistas e a métrica. Na presentación, a tradutora realizará un percorrido pola vida e a obra de Dunn ademais de ler algúns dos seus poemas para o público que se achegue.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible