Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do poemario "As alas da Serpe" de Sol Mariño

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/02/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 23 de febreiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro de "As alas da Serpe" de Sol Mariño, publicado por Aira Editorial.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

SINOPSE:

As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica.

SOL MARIÑO:

Sol Mariño nace en 1986. Pasa a súa infancia entre a Terra de Soneira e a Coruña, onde fai os estudos secundarios e comeza a facer teatro. En Barcelona estuda comunicación audiovisual e fotografía, e vincula a súa poesía co teatro no grupo Humanfuzz, co que representa o monólogo Xeada, parte do cal aparece neste poemario.

En 2008 publica fotografías acompañando o poemario "Baixo o sol de Mesina" de Lino Braxe, seu mestre de teatro na adolescencia e con quen continuou colaborando en obras como no "O Paseo das Esfinxes" en 2018.

En 2009 viaxa a Arxentina, e pasará os seguintes oito anos viaxando, idas e voltas en bicicleta e autoestop, entre Arxentina e o Brasil, onde vende seus poemas e fotografías por mercados e rúas, e traballa como estatua viva na rúa. 

Alí escribirá gran parte de As alas da serpe. Aprende serigrafía, comeza a debuxar e establece un forte vínculo coa Capoeira Angola.

Actualmente vive na Costa da Morte e adícase á serigrafía téxtil, a fotografía e a pintura mural.

Este é o seu primeiro poemario.

Acceso libre até completar capacidade.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión