Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MACY GRAY - The Trouble With The Truth Tour

A compositora e cantante estadounidense Macy Gray actuará o próximo 18 de decembro no Teatro Colón dentro da súa xira “The Trouble With The Truth Tour”, coa que continúa celebrando unha das traxectorias máis singulares do R&B e o soul contemporáneo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/12/2026

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea 45,00 € / Platea - Visibilidade Reducida 41,00 €

Palco central + palco Real + Palco lateral 45,00 €

Principal 43,00 € / Principal - Visibilidade Reducida 39,00 €

- Prezo con desconto (que desconto e que colectivos): - 20% para carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas/ -25% para familia numerosa

*A documentación que acredita a aplicación dos descontos debe presentarse no momento de comprar as entradas e no momento de acceder ao Teatro Colón.

Requisitos:

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/

Organiza:

Raiña Productions SL

Macy Gray é unha das artistas máis influentes do soul e o R&B das últimas décadas. Gañadora dun Premio GRAMMY polo seu himno "I Try", foi prposta noutras cinco ocasións, ademais de recibir dous premios BRIT, consolidando unha traxectoria recoñecida internacionalmente tanto pola crítica coma polo público.

Con máis de 25 millóns de discos vendidos e o exitoso álbum On How Life Is, Macy Gray converteuse nunha das voces máis persoais da música contemporánea grazas ao seu inconfundible timbre áspero, a súa elegante mestura de soul, funk, jazz e R&B, e unha presenza escénica absolutamente única.

Ao longo da súa carreira conta con colaboracións descatacas con artistas do talle de Ariana Grande, Bobby Brown ou Galactic.

En directo, Macy Gray ofrece un espectáculo cargado de emoción, personalidade e autenticidade, repasando os grandes éxitos que a converteron nunha icona mundial, como "I Try", xunto ás cancións dos seus traballos máis recentes.

Unha oportunidade irrepetible para gozar dunha das grandes voces da música internacional, recoñecida con algúns dos premios máis prestixiosos da industria e admirada por varias xeracións de afeccionados ao soul e a R&B.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente día de concerto. Só se quedan entradas dispoñibles.
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión