Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Maratón de debuxo con autoras fantásticas (Viñetas)

Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.

A quen vai dirixido?:

Dirixido a todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/08/2026

Inscricións:

Acceso libre

Horario:

4 sesións de 1 hora: 11,13, 18 e 19 h

Enderezo:

Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña na Rúa da Banda Deseñada

Contacto:

bibliotecas@coruna.gal

Tel.: 981 184 384

Se visitas a caseta das Bibliotecas o xoves 13 de agosto é moi posible que te atopes con algunha das autoras máis fantásticas do panorama da Banda Deseñada nunha maratón de debuxo fantástico aberta ao público, un obradoiro fabuloso para coñecer de primeira man a técnica e a arte que están detrás das súas orixinais bandas deseñadas!

Autoras fantásticas Sesión
Eli García De 11 a 12 h
Lucía Cid De 13 a 14 h
Paula Cheshire De 18 a 19 h
Inés Vázquez De 19 a 20 h

Todas elas, xunto con Bea Gregores e María Brenn, participan na mostra colectiva "Elas son fantásticas" (Sala Salvador de Madariaga), da que o mesmo 13 de agosto haberá visita guiada ás 17 horas. Ademais, ese día algunhas das autoras fantásticas asinarán no stand de sinaturas da Rúa da Banda Deseñada (Consulta os detalles na web Viñetas desde o Atlántico).

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión