Poderá visitarse ata o 8 de maio na Casa Museo Casares Quiroga
Para público en xeral
Dende o 24/03/2022 ata o 08/05/2022
Xa rematou
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Esta exposición intenta mostrar as principais vivencias da actriz María Casares, filla de Santiago Casares Quiroga, que foi presidente de goberno da II República, e de Gloria Pérez Corrales.
Percorre a súa infancia e mocidade, desenvolvidas na Coruña e en Madrid, entre 1922, ano do seu nacemento, e 1936, cando se exilia coa súa nai a París. Para facelo emprega imaxes dela, da súa familia e dos lugares onde viviu e estudou. Van acompañadas dun fío condutor e dunhas breves palabras de María entresacadas das súas memorias, publicadas en 1980 en francés co título de "Résidente privilégiée", nas que relata os seus recordos sobre un aspecto concreto da súa vida ou familia.
Deste traballo encargáronse Xosé Manuel Alfeirán e David Carballal.
De igual xeito farase a presentación dun novo espazo expositivo na 3.ª planta da Casa Museo Casares Quiroga denominado "María Casares O Universo da rúa Panadeiras", unha homenaxe da nosa cidade á memoria da grande artista na súa casa natal.
María Casares: 1922-2022
Esta iniciativa enmárcase nos actos de celebración que desde o Concello da Coruña se están a levar a cabo con motivo do centenario do nacemento de María Casares.
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible