Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Miguel Poveda - Recital flamenco

Neste recital Miguel Poveda interpretará algúns dos paus máis representativos do flamenco, desde os máis festeiros ata os máis profundos, nunha exhibición de cante sen parangón.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/11/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Pídese puntualidade, unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

32'00, 36'00, 44'00, 49'00 € (segundo zona)

Televenda:

Ataquilla.com

Entre as voces máis interesantes e orixinais que deu o xénero do flamenco sobresae por méritos propios Miguel Poveda. Este artista, Premio Nacional de Música de 2007, Premio Nacional de Cultura 2011 de Cataluña, Premio da Cátedra de Flamencoloxía de Xerez, Medalla de Andalucía no 2012 e Fillo adoptivo de Sevilla e a súa provincia, con máis de 25 anos de traxectoria profesional, soubo construír a súa carreira con talento e baixo a inspiración dos grandes da música, sen fronteiras de xénero e coa liberdade como bandeira. Paseou os seus múltiples espectáculos por medio mundo e recolleu o recoñecemento que lle outorgou o público con sinxeleza e agradecemento. As súas numerosas colaboracións con artistas, non só de flamenco senón doutros xéneros, estilos e disciplinas, acredítano como un dos artistas máis relevantes da escena da música moderna.

Á súa discografía, avalada por máis de dez discos, engádese, baixo o nome de "Sonetos y poemas para la libertad", a súa última produción, unha obra abordada con valentía e cheo de excelencia. O seu traballo anterior, "arteSano" (2012), obtivo o Disco de Ouro e "Coplas del querer" (2009) foi galardoado con varios premios da música, á vez que obtivo un Disco de Ouro e de Platino.

A maioría do repertorio é un reflexo do cante máis tradicional, aínda que coas achegas que o artista lles dá, conservando a súa esencia, pero pasándoos polo seu filtro persoal. Miguel Poveda cantará por soleás, fandagos ou seguiriyas, aínda que o cantante tamén é amante da copla, xénero que forma parte da banda sonora da súa infancia e ao que dedicou o álbum Coplas del querer. Cantiñas, bulerías ou tangos de Triana tamén terán cabida neste espectáculo, todos eles interpretados desde un profundo respecto á tradición, pero cun aire renovador e persoal que os fan distintos.

Neste percorrido pásase polas distintas xeografías flamencas e as diferentes creacións de cantaores de xeracións anteriores, o artista deixará tamén espazo para a maxia e a improvisación, facendo que cada recital se converta nun concerto único.

Miguel Poveda é sen dúbida a voz do flamenco contemporáneo.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto

Televenda: 902 504 500 ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión