Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MIL-JEONG (O imperio das sombras) de Kim Jee-woon

Ciclo de cinema coreano

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 10/04/2025, 11/04/2025, 12/04/2025

Xa rematou

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.15 h

Duración:

139 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión do/a espectador/a: sábados ás 17:30 h, prezo único de 1,50 €

** Para aplicar os descontos, é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante esta.
  • Ao acceder á sala de cinema, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o público asistente.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles, fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán serlle requiridas pola persoa responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Song Kang-ho, Gong Yoo

Corea do Sur, 2016

139 minutos - V.O.S.E.

Non recomendada para menores de 16 anos

Finais dos anos 20, durante a ocupación xaponesa de Corea. Un grupo da resistencia intenta traer explosivos desde Shanghái para destruír a base nipoa en Seúl, mentres que os xaponeses intentan detelos. Un talentoso policía xaponés nacido coreano, que pertencera ao movemento independente, vese no dilema de elixir entre o seu deber e o apoio a unha causa maior.

Ligazón ao tráiler

https://youtu.be/n0-ft1kiCJA

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección, desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión