Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Mimosas, unha película de Oliver Laxe

Proxección da nova película de Oliver Laxe

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/01/2017

Xa rematou

Horario:

- Horario da proxección: 20.30 h

- Horario do coloquio: 18.00 h

 

 

 

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

- A entrada á proxección será con invitación. As invitacións repártense no despacho de entradas de pza. de Ourense. (Máximo 2 invitacións por persoa)

- A entrada ao coloquio é libre ata completar a capacidade

 

 

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir o patriarca moribundo ao pobo no que naceu, no que espera atopar, á fin, repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, quizais noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo. Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, pero nun xiro quixotesco, Shakib fará que as mulas voen para atravesar montañas infranqueables e transformar coa súa fe o destino da expedición.

 

Versión orixinal en árabe con subtítulos en galego

 

**A entrada será con invitación.

As invitacións repartiranse no despacho de billetes de Pza. Ourense (máximo 2 invitacións por persoa)

 

 

Previo á proxección, terá lugar no Kiosco Alfonso o coloquio que leva por título Campo de Batalla: da Bolex ás mimosas.

No coloquio participarán:

- Oliver Laxe (realizador)

- José Manuel Sande (guionista e historiador de cinema)

- Vicente Vázquez (realizador)

- Felipe Lage Coro (produtor)

O coloquio comezará ás 18.00 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión