A Coruña continúa coa súa cápsula de experiencias innovadoras co concerto de Mordem dentro da programación de Acreativa, un proxecto que ten por obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais.
Para público en xeral
04/11/2017
Xa rematou
21:00 h. Apertura de portas 20.30 h
Entrada: 10 € anticipada / 14 € despacho de billetes
A palabra galega «morden», sacada dun poema de Rosalía de Castro, serviulle a Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto, Mordem, co que presenta o seu primeiro disco, Fragments to dominate the silence.
Elba deuse a coñecer en 2010 baixo o pseudónimo de Jane Joyd, e coa súa primeira maqueta resultou gañadora do Proxecto Demo 2011 de Radio 3 e o Festival Internacional de Benicàssim. As cordas e o folk do seu anterior traballo dan paso agora a sons máis variados, ás veces próximos ao trip hop, outras ao novo R&B, o ambient, o pop ou o dream pop, vertebrando un novo estilo máis nórdico e menos americano.

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible