A cita anual coa Artesanía de Galicia
Para público en xeral
Dende o 29/07/2023 ata o 27/08/2023
Inauguración: 29 de xullo ás 12.00 h
Xa rematou
Das 11.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 22.00 h
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Asociación Galega de Artesáns - Concello da Coruña coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña
Este ano Mostrart acolle a 66 artesás e artesáns profesionais en 43 casetas. 52 dos participantes son obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e acollidos ao sistema da Marca de Artesanía de Galicia. Cóntase, ademais, coa participación de 16 talleres artesáns doutras comunidades autónomas e cun participante de Francia.
O cartel desta edición é obra do recoñecido ilustrador Javier Fernández Carrera, Pintu, e representa o deus grego Hefestos, que nunha das súas atribucións representa a Artesanía e, máis concretamente os oficios relacionados co lume, a forxa e os metais. A ilustración é o resultado da colaboración con distintos artesáns e artesás que achegaron pezas para a montaxe de forxa, xoiaría, produtos téxtiles, marroquinaría, instrumentos...

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible