Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón - Día Internacional dos Museos

Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón - Día Internacional dos Museos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

23/05/2026

Inscricións:

Apertura do prazo de inscrición: mércores 13 de maio ás 10.00 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa.

A inscrición aos talleres será a través das ligazóns indicadas nas actividades.

As visitas guiadas a través do teléfono: 981 189 850

1. Obradoiros

1.1 Obradoiro infantil: A arte do repuxado

Achegarémonos aos tesouros escondidos no interior das vitrinas do Castelo de San Antón para descubrir unha técnica milenaria, o repuxado. Coñeceremos os obxectos que foron producidos no pasado utilizando a técnica e falaremos das características do repuxado. Materiais, ferramentas e moita imaxinación para poder facer tamén a nosa propia creación artística que poderemos levar para a casa.

Día: 23 de maio, ás 11.45 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamuseos-2026/ a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio.

1.2 Obradoiro infantil: Mans á obra! Creamos como na prehistoria

Durante o transcurso da actividade a chavalada descubrirá as Venus paleolíticas como unha das primeiras formas de expresión artística da humanidade, explorando as súas características como figuras femininas con formas destacadas e o seu posible significado simbólico. Tamén falaremos dos materiais cos que foron creadas e teremos tempo de experimentar a nosa creatividade modelando a nosa propia Venus prehistórica que levaremos para a casa.

Día: 23 de maio, ás 17.00 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamuseosprehistoria-2026/ a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio.

1.3 Obradoiro adultos: As Venus do Paleolítico: beleza, misterio e significado

Esta actividade propón unha mirada suxestiva ás Venus prehistóricas como unha das primeiras manifestacións artísticas da humanidade, convidando o público adulto a reflexionar sobre o seu significado e contexto cultural. A través dunha explicación dinámica, analizaranse as súas características formais, os materiais empregados -como pedra, óso ou arxila- e os lugares onde foron atopadas. A proposta abre un espazo de diálogo arredor do que estas figuras puideron representar, desde símbolos de fertilidade ata expresións identitarias ou rituais. Unha experiencia que combina coñecemento, interpretación e pensamento crítico para redescubrir as orixes da arte.

Día: 23 de maio ás 19.00 h

Duración aproximada: 1 h 30 min

Público: a partir dos 16 anos

Prazas: 15

Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/dia-paleolitico-2026/ a partir das 10.00 h do mércores13 de maio.

2. Visitas guiadas

2.1. Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón

Percorridos guiados polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

2.1.1. Visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Visita ás 12.00 h o 23 de maio

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio.

2.1.2. Visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Visita ás 21.00 h o 23 de maio

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio.

1.2. Visita ao Castro de Elviña

Percorrrido guiado polo Castro de Elviña

Día: 24 de maio, ás 12.00 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión