Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón - Día Internacional dos Museos
Familias, Para público en xeral
23/05/2026
Apertura do prazo de inscrición: mércores 13 de maio ás 10.00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa.
A inscrición aos talleres será a través das ligazóns indicadas nas actividades.
As visitas guiadas a través do teléfono: 981 189 850
|
1. Obradoiros 1.1 Obradoiro infantil: A arte do repuxado Achegarémonos aos tesouros escondidos no interior das vitrinas do Castelo de San Antón para descubrir unha técnica milenaria, o repuxado. Coñeceremos os obxectos que foron producidos no pasado utilizando a técnica e falaremos das características do repuxado. Materiais, ferramentas e moita imaxinación para poder facer tamén a nosa propia creación artística que poderemos levar para a casa. Día: 23 de maio, ás 11.45 h Duración aprox.: 1 h 30 min Público: de 6 a 12 anos Prazas: 20 Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamuseos-2026/ a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio. 1.2 Obradoiro infantil: Mans á obra! Creamos como na prehistoria Durante o transcurso da actividade a chavalada descubrirá as Venus paleolíticas como unha das primeiras formas de expresión artística da humanidade, explorando as súas características como figuras femininas con formas destacadas e o seu posible significado simbólico. Tamén falaremos dos materiais cos que foron creadas e teremos tempo de experimentar a nosa creatividade modelando a nosa propia Venus prehistórica que levaremos para a casa. Día: 23 de maio, ás 17.00 h Duración aprox.: 1 h 30 min Público: de 6 a 12 anos Prazas: 20 Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamuseosprehistoria-2026/ a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio. 1.3 Obradoiro adultos: As Venus do Paleolítico: beleza, misterio e significado Esta actividade propón unha mirada suxestiva ás Venus prehistóricas como unha das primeiras manifestacións artísticas da humanidade, convidando o público adulto a reflexionar sobre o seu significado e contexto cultural. A través dunha explicación dinámica, analizaranse as súas características formais, os materiais empregados -como pedra, óso ou arxila- e os lugares onde foron atopadas. A proposta abre un espazo de diálogo arredor do que estas figuras puideron representar, desde símbolos de fertilidade ata expresións identitarias ou rituais. Unha experiencia que combina coñecemento, interpretación e pensamento crítico para redescubrir as orixes da arte. Día: 23 de maio ás 19.00 h Duración aproximada: 1 h 30 min Público: a partir dos 16 anos Prazas: 15 Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/dia-paleolitico-2026/ a partir das 10.00 h do mércores13 de maio. 2. Visitas guiadas 2.1. Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón Percorridos guiados polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia. 2.1.1. Visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón Visita ás 12.00 h o 23 de maio Duración aprox.: 1 h 30 min Público: adulto Prazas: 25 Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio. 2.1.2. Visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón Visita ás 21.00 h o 23 de maio Duración aprox.: 1 h 30 min Público: adulto Prazas: 25 Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio. 1.2. Visita ao Castro de Elviña Percorrrido guiado polo Castro de Elviña Día: 24 de maio, ás 12.00 h Duración aprox.: 1 h 30 min Público: adulto Prazas: 25 Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.00 h) a partir das 10.00 h do mércores 13 de maio. |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible