Espectáculo audiovisual con música en directo
Para público en xeral
16/11/2024
Xa rematou
20.00 h
Entrada con invitación
Deputación Provincial da Coruña
586 Cantos é un espectáculo audiovisual con música en directo producido polo Museo do Pobo Galego.
Trátase dunha idea orixinal da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Museo do Pobo Galego para poñer en valor o papel da poesía popular oral e das cantareiras, que protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025, e para valorizar os arquivos que albergan o patrimonio inmaterial galego.
A peza toma como punto de partida o Cancioneiro Popular Galego, froito do traballo de investigación de Dorothé Schubarth coa colaboración de Antón Santamarina. As fotografías, as gravacións sonoras orixinais, as partituras e outros materiais recompilados por Schubarth nas súas investigacións, custodiadas no Museo do Pobo Galego, son o punto de partida dunha posta en escena que combina a montaxe audiovisual realizada por Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal, cineastas da Asociación Memoria e Cinema, coa música en directo de Richi Casás, Fran Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.
REPARTICIÓN DE INVITACIÓNS

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible