Inscrición nas actividades do 7 e 8 de abril
Xuvenil, Para público en xeral
Dende o 03/04/2017 ata o 06/04/2017
Xa rematou
Gratuito
Ter entre 12 e 30 anos de idade
NOCTURNIA Calendario de actividades marzo - xullo 2017 (1 MB)
Nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do departamento de Mocidade da Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Tenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre 12 e 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalles un ollo a todas as actividades (descarga o .pdf coa programación completa)
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.
OLLO, que hai novidades! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.
4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible