Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O alfabeto híbrido

O alfabeto híbrido é unha proposta de lecer cultural alternativo que se desenvolverá en catro encontros anuais que terán lugar as noites dos venres na Fundación Luis Seoane da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/04/2015

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

A entrada é libre ata completar a capacidade.

Documentos:

AlfabetoGAL.pdf (184 KB)

Estes encontros centraranse na palabra nun sentido amplo, abordada sen purismos academicistas, senón con vivacidade, frescura, transversalidade, apertura e desenfado, dende outros camiños ou contaminada con outras linguaxes como a música ou a performance.

O primeiro encontro d'O alfabeto híbrido terá lugar o vindeiro venres 10 de abril ás 22 horas cun programa dobre no que intervirán o músico, compositor e escritor Santiago Auserón, que falará sobre os seus procesos creativos, lerá textos e comentará algunhas pezas xunto coas súas referencias, para, posteriormente interpretalas coa guitarra; e as escritoras Lucía Aldao e María Lado a través da súa formación Aldaolado, que combina poesía con música nun espectáculo que ofrece unha visión diferente, divertida e mesmo iconoclasta da comunicación poética, na que implican activamente os espectadores.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión