Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

"O ascenso á Pena da Vixía", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

¿A quién va dirigido?:

Maiores de 16 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

06/06/2026

Inscripciones:

Desde el 01/06/2026 hasta el 05/06/2026

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Dirección:

A Coruña

Número de plazas:

55

Precio:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis descoñecida da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte: sábado 6 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 1) "O ascenso á Pena da Vixía"

"A Pena da Vixía" (invisible na gaiola de cemento da cidade) é o centro místico de Monte Alto. A súa procura é tamén a descuberta dun espazo de referencia na propia historia da Coruña.

Na Pena da Vixía, atopou Francisco Tettamancy a rocha cos petróglifos que actualmente se custodian no Museo do Castelo de San Antón. Alí estaba situada a garita que controlaba a entrada dos barcos cara ao porto. Dende este outeiro esquecido, quizais albisquemos tamén os "homes mariños", seres míticos que habitan no mar do Orzán.

No século XVII, Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar a cidade, describiunos deste xeito: «ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños».

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión