Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Talleres de verán no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

Como cada ano o Museo Arqueolóxico organiza varias actividades de verán destinadas a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, desenvolvidas os sábados dos meses de xullo e agosto no Museo de San Antón e no Castro de Elviña, coa intención de difundir a arqueoloxía e a historia dunha forma práctica e lúdica. Cada taller terá unha capacidade de 20 nenas e nenos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Os días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026

Inscricións:

O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Prezo:

Todos os talleres son gratuítos previa inscrición

As actividades comezarán ás 11.00 h.

Todos os talleres son de balde.

O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

IMPORTANTE: non se poderá solicitar máis de 2 actividades por nena/neno, das 6 ofertadas.

PROGRAMA
En xullo os talleres faranse no Castro de Elviña, co tema do traballo arqueolóxico.
Nesta divertida actividade mergullarémonos no apaixonante mundo da arqueoloxía para coñecer o traballo dos equipos nun xacemento. A través de dinámicas participativas, aprenderemos a realizar prospeccións para localizar posibles achados e descubriremos as ferramentas e técnicas que utilizan os profesionais para investigar o pasado. Despois chegará o momento máis emocionante: unha simulación de escavación arqueolóxica! Con método, observación e traballo en equipo desenterraremos obxectos que nos axudarán a reconstruír a historia do Castro de Elviña.

En agosto os talleres faranse no Castelo de San Antón, co tema do tecido.

Aprenderemos de onde obtiñan as fibras naturais, que ferramentas empregaban para xerar os fíos, como conseguían as tinguiduras para colorealos. A través de actividades prácticas construiremos ferramentas e experimentaremos coas tinguiduras naturais e descubriremos como funcionaban os teares utilizados desde a antigüidade, coñeceremos os seus diferentes partes e aprenderemos as técnicas básicas do tecido. Despois, poñerémonos ao choio para experimentar o proceso de entrelazar fíos e crear a nosa tea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión