Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O castiñeiro do Apalpador

O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

28/12/2018

Xa rematou

Horario:

17:00 h

- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ QUE COMECE A FUNCIÓN

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros

Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 6,00 euros

* Deberán ter entrada todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

 981 126 229 (Fundación Mª José Jove)

A súa gran preocupación é conseguir que os/as cativos/as non lle rouben as castañas. Ata que un día, preséntaselle na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que a quen colla as castañas do chan o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá non obstante vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará o Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas aos nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde daquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos/as nenos/as e deixándolles unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles/as que a teñen baleira.

de Fantoches Baj

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho da Fundación: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión