Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O que segue

De Funboa Escénica en coprodución co Centro Dramático Galego

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/06/2020

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

"O que segue son eu que o sigo intentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin os xuízos das miñas disertacións sobre a realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotián e as miñas contradicións entre a arte e a vida".

O que segue está despois, é unha fuxida cara a adiante, un exceso de futuro. O que segue é atopar unha maneira de vivir intelixente, de aceptación dunha mesma e das/dos outras/os. O que segue é un novo proxecto de reciclaxe manual dos meus desastres que se abalanzan sobre min cando abro o armario do meu cuarto. Unha produción na que quede constancia de todas as miñas habilidades adquiridas grazas aos tutoriais de Youtube. O que segue é un novo tema con loops do garage band, o que segue é unha letra en inglés inventado. O que segue é coidar a miña nena interior ferida. O que segue son eu cantando un cante jondo ou lendo unha das entradas do blog Lo que sigue en Teatro. O que segue é pechar as portas á ira do pasado para comezar de novo a ritmo de techno refinado con tinguiduras africanas. O que segue é ensinarvos os meus poderes. O que segue é un estado líquido, proceso, enerxía e a súa dirección cara a vós. Que o que segue ocupe o seu lugar noutro espazo, que abandone o noso tempo a partir de agora.

Levaba un tempo pensando en facer unha obra relacionada coa miña nova faceta de compositora musical, a miña afección por bailar nas discotecas e a miña querenza cara aos textos demoledores. O que segue foi o proxecto que presentei á convocatoria das Residencias Paraíso para materializar a miña procura nunha primeira fase. O apoio outorgóuseme e sen dúbida foi o detonante principal para facer xurdir algo novo que doutra maneira non nacería nese momento nin con esta infraestrutura. A diferenza dos meus anteriores traballos, onde sempre había un período de xestación antes de entrar ao espazo de ensaio, en O que segue intentei descubrir o xerme do proceso no propio espazo enfrontándome a el. A investigación in situ xerou unha dramaturxia desde o concepto sen carga, deserto ou naufraxio consentido, onde a miña relación coa música, que me mantiña a flote, foi xerando unha dramaturxia baseada na composición musical en vivo e no relato que sucede nese acto performativo.

Critina Balboa

Creación, dirección, textos e interpretación: Cristina Balboa

Asistencia de dirección: Manuel Parra García

Dramaturxia: Cristina Balboa e Manuel Parra García

Venda de entradas

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Web: https://www.eventbrite.es/

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión