Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Por un Rural Vivo"
A partir de 14 anos
Persoas adultas, Xuvenil
05/03/2025
Xa rematou
Dende o 26/02/2025 ata o 05/03/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.30 h
2 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
20
981 184 298
Obradoiro de coiro: elabora unha peza personalizada.
María Luisa Mira (Mestra de obradoiros de artesanía)
Mércores 5 de marzo ás 18:30 h.
Inscrición previa desde o 26 de febreiro ás 10 h.
Dirixido a público xuvenil e adulto. (+ 14 anos)
A arte do coiro foi transmitido de xeración en xeración, preservando técnicas ancestrais e coñecementos que se remontan a séculos atrás. É un oficio que require de moita dedicación e paixón, pero que tamén ofrece moitas satisfaccións persoais.
Este obradoiro está deseñado para permitir ás persoas participantes coñecer as técnicas, materiais e ferramentas dun oficio tradicional como é o traballo do coiro moi ligado ao mundo rural. Falaremos das diferentes técnicas como: o repuxado, o labrado, o gravado, o modelado, o tinguido, o cosido e o ensamblado, e tamén dos distintos tipos de coiro que se empregan segundo a súa orixe, o seu curtido e o seu acabado.
As persoas asistentes terán a oportunidade de elaborar e personalizar unha peza de coiro, tipo chaveiro cun deseño clásico ou moderno, todo dependerá da imaxinación e a creatividade de cada participante.
Tamén che pode interesar

04/02/2026
Dende o 28/01/2026 ata o 04/02/2026
Require inscrición

Dende o 04/02/2026 ata o 05/02/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 29/01/2026
Inscrición na web

Dende o 02/02/2026 ata o 06/02/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca

07/02/2026
Dende o 31/01/2026 ata o 05/02/2026
Require inscrición

Os días 09/02/2026 ás 15:00 , 11/02/2026 ás 15:00
Dende o 02/02/2026 ata o 09/02/2026

Dende o 11/02/2026 ata o 12/02/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Inscrición na web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible