Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Viaxe por Extremo Oriente"
De 9 a 14 anos
Infantil
21/02/2024
Xa rematou
Dende o 14/02/2024 ata o 21/02/2024
Require inscrición
Das 18.00 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
O mércores 21 de febreiro ás 18.00 horas temos un Obradoiro de creación de manga destinado a rapaces entre 9 e 14 anos, impartido por Yago García, na Biblioteca Fórum.
É posible crear un manga nun día? Sempre que coñezas as técnicas necesarias, si. Neste taller faremos primeiro un pequeno percorrido histórico para comprender a importancia do manga no mundo da arte e a cultura. A continuación aprenderemos as bases para crear un manga, desde a xestación das primeiras ideas, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes e as súas expresións, a composición de escenas, ata a creación dun portada rechamante.
Dando resposta a gran demanda que temos nas bibliotecas dos manga queremos que os rapaces coñezan o traballo que hai detrás de cada cómic e poidan ter unhas nocións básicas de como construír a súa propia historia.
Aproveitaremos para amosar os libros que temos na biblioteca sobre a cultura xaponesa.
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar

13/12/2025

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 01 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para á inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

07/02/2026
Dende o 31/01/2026 ata o 05/02/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible