As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.
Mocidade +16 anos e público adulto.
Persoas adultas, Xuvenil
26/04/2024
Xa rematou
Dende o 19/04/2024 ata o 26/04/2024
Require inscrición.
18.30 a 20.30 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
A partir de fotografías de diversas artistas galegas, neste obradoiro de escrita fotográfica traballarase a creación de relato curto e tamén de textos poéticos.
A través de diversas dinámicas de escrita desbloquearemos a creatividade!
Sobre Nuria Vil
Nuria Vilán Prado, máis coñecida como Nuria Vil, é unha filóloga e poeta galega.
Ela mesma defínese como "resitadora". Está presente no circuíto de poesía galega oral e ten publicado o seu primeiro poemario "Simún" na editorial Chan da Pólvora (2021).
Nuria Vil entende a poesía como unha ferramenta que potencia cambio social. Quizais é por este motivo que na súa escrita fala da violencia, da maxia do cotiá, da vinganza e de reconstruír o desexo.
04/05/2024
Os días 02/05/2024, 03/05/2024, 04/05/2024
Os días 03/05/2024, 04/05/2024
04/05/2024
04/05/2024
04/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible