Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Obradoiro: "Lecturas diversas"

Libros, lecturas e diversidade danse a man na Biblioteca Ágora!

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Familias

Cando:

14/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/11/2022 ata o 14/11/2022

Require inscrición.

Horario:

Das 19.00 ás 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Número de prazas:

15

Hashtag:

#LecturasDiversas

Contacto:

bagora@coruna.gal

Teléf.: 981 189 886

O obradoiro "Lecturas diversas" está orientado a persoas adultas que formen parte dunha familia na que haxa unha persoa con diversidade funcional (nomeadamente, nenos e nenas) e para aquelas persoas interesadas en achegarse a un espazo de aprendizaxe no que libros, lecturas e diversidade van da man. Neste sentido, o taller ofrecerá diferentes recursos para abordar a riqueza da diversidade dende a literatura.

Son os libros inclusivos? Poden selo? De literatura e diversidade na infancia falaranos na Biblioteca Ágora a periodista e mediadora en lectura Sonia Hermida Galán.

Sobre Sonia Hermida Galán

Sonia Hermida Galán é xornalista, con experiencia na xestión de comunicación e creación de contidos, relación con medios, recensións etcétera. Nos últimos doce anos e despois de traballar e colaborar con diversos medios e institucións públicas, a súa experiencia profesional vinculouse ao mundo da educación e a literatura infantil.

Entre a súa experiencia profesional nesta última década destaca a xestión de marcas e tendas de produtos infantís, ademais de impartir formación en comunicación e literatura infantil e fomento lector. Impartiu diversas sesións de narración oral e contacontos. É colaboradora do proxecto educativo "Non violencia. Ti que miras? Actúa!".

Formouse ademais en educación inclusiva, xogo e estimulación, infancia e diversidade, literatura e inclusión, literatura e primeira infancia, aulas inclusivas, mediación lectora. Máster de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Zaragoza cun TFM centrado na mediación lectora e criterios de selección literaria na infancia con condición de discapacidade.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión