O Castelo de San Antón convértese este febreiro no escenario dunha viaxe única polas nosas tradicións.
Familias, Para público en xeral
14/02/2026
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Baixo o misticismo do Entroido, o Museo Arqueolóxico e Histórico presenta unha programación especial para o vindeiro sábado 14 de febreiro que conecta o noso pasado máis remoto coa maxia da máscara galega.
Desde o corazón do triángulo máxico de Ourense ata os rituais de fertilidade da Roma Antiga, a fortaleza ofrece actividades gratuítas para todas as idades:
Para os máis pequenos: O obradoiro "As cores do Entroido" convidará aos nenos e nenas (6-12 anos) a descubrir figuras como os peliqueiros ou cigarróns, rematando coa creación da súa propia máscara mediante a técnica do gravado.
Para o público adulto: Unha inmersión nos segredos das Lupercales romanas, onde se explorarán os ritos que antecederon ao noso Entroido, incluíndo un obradoiro creativo de deseño de máscaras.
Cultura e Historia: Unha visita guiada exclusiva polas seccións do Museo para coñecer a fondo o legado que custodia a nosa emblemática illa de pedra.
Información importante sobre as reservas:
Todas as actividades son de carácter gratuíto, pero requiren inscrición previa, que abrirá o vindeiro mércores 4 de febreiro ás 10:00 h.
Visitas guiadas: Reserva telefónica no 981 189 850.
Obradoiros: Inscrición en liña a través da plataforma de ticketing do Concello.
Para máis información, as actividades son as seguintes:
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Días: 14 de febreiro ás 12:00 h.
Duración aproximada: 1 h e 30 m.
Público: adulto
Prazas: 25
Reserva no teléfono: ) a partires das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro no teléfono 981 189 850 (horario de martes a sábado de 10 a 19:00 h)
2. Obradoiros
2.1 Obradoiro infantil: " As cores do entroido"
O entroido chega ao Castelo de San Antón para descubri e coñecer a festa máis divertida da nosa terra, Galicia. Coa axuda dos peliqueiros, das pantallas e dos cigarróns viaxaremos ata Ourense para achegarnos ao ciclo do Entroido e pescudar sobre as súas tradicións e actividades típicas da festividade. Para finalizar, exploraremos o noso lado máis artístico traballando coa técnica do gravado na produción dunha máscara tradicional.
Día: 14 de febreiro ás 11:45 h.
Duración aprox.: 1 h e 30 m.
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
Reserva no seguinte enlace: https://ticketing.coruna.gal/arq/entroido-26/ a partires das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro.
2.2 Obradoiro adultos: "Lupercales: segredos dunha festa romana"
Sabías que en época romana celebraban unha festa única chamada Lupercalia cada 15 de febreiro? Era un ritual cheo de símbolos, carreiras, e cerimonias dedicadas á fertilidade e a protección dos rabaños e as persoas. Nesta actividade descubrirás as súas curiosas tradicións, segredos e significados. Tamén terás tempo de experimentar a túa creatividade no deseño dunha máscara moi especial.
Día: 14 de febreiro ás 17:00 h.
Duración aproximada: 1 h e 30 m.
Público: a partires dos 16 anos
Prazas: 15
Reserva no seguinte enlace: https://ticketing.coruna.gal/arq/lupercales-26/ a partires das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible