Concerto da orquestra Gaos co violonchelista Raúl Mirás
Para público en xeral
12/10/2015
Xa rematou
A Orquestra Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos e a súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da formación. En apenas tres anos colaboraron coa orquestra máis de 250 músicos galegos en 25 programas diferentes, a través de 40 concertos nos principais auditorios e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 15 músicos galegos cunha gran traxectoria artística. A orquestra tivo tamén a oportunidade de acompañar aos gañadores do Concurso Internacional de piano ‘Cidade de Ferrol', Alexander Yakovlev e Daniil Tsvetkov, nas súas edicións de 2009 e 2010 respectivamente. Grazas á participación da orquestra na presentación do Xacobeo 2010 comparte escenario coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, coa que realiza a súa primeira gravación discográfica: un cd con 14 temas galegos orquestrados por Juan Durán. En 2011 e 2012 realiza a I e II Xira de Concertos polas Catedrais de Galicia co concerto de clarinete e a misa de Réquiem en re menor de Mozart e a Messa di Gloria de Puccini respectivamente, obtendo un gran éxito de crítica e público. En decembro de 2011 realiza un concerto benéfico a favor do IBS Padre Rubinos no que participan a soprano Ainhoa Arteta e o barítono Borja Quiza que tivo a súa continuación en decembro de 2012 acompañando ao tenor Celso Albelo e á soprano Alba López.
Entidades

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible