A Xira Pablo Alborán TERRAL 2015 é, sen dúbida, a máis esperada dos últimos tempos en España.
Para público en xeral
11/07/2015
Xa rematou
22.30 horas.
Pista (sen numerar) - 28 euros.
Tendido baixo (numerado) - 35 euros.
Tendido medio (numerado) - 30 euros.
Tendido alto (sen numerar) - 22 euros.
Cunha sorprendente posta en escena e calidade no espectáculo, esta nova xira significa un enorme avance cualitativo e un esforzo do artista para ofrecer o mellor e máis novo aos seus fans.
Pablo Alborán, o artista máis vendedor dos últimos tempos no noso país, regresa aos escenarios co seu TOUR TERRAL a partir do próximo mes de maio. Cunha nova e sorprendente posta en escena presentará as cancións do seu terceiro álbum de estudo TERRAL, sen dúbida o disco máis importante e completo do artista malagueño ata a data.
A xira significa tamén o regreso do cantante e compositor malagueño aos escenarios españois para presentar as cancións de TERRAL, co que se atopa no máis alto das listas de vendas, conseguindo xa o Dobre Disco de Platino.
Pablo Alborán é referencia indiscutible da música pop actual. Con só 25 anos de idade e tres álbums de estudo, conseguiu unha trintena de discos de platino e o éxito da súa carreira esténdese xa alén do Atlántico.
A súa nova xira percorrerá máis de 20 países incluído España e os seus miles de seguidores gozarán dos seus novos éxitos como Por fin e Pasos de Cero e das cancións máis emblemáticas dos seus discos anteriores.
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h. (Pagos en efectivo).
- Despacho de billetes do Coliseum: día do espectáculo desde as 17.00 h., ata o inicio do concerto. (Pagos en efectivo).
- Sede Afundación: de luns a sábado (incluído festivos) de 9.00 a 21.00 h.
- Televenda: 902 504 500

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible