As Bibliotecas Municipais da Coruña acollen, con motivo do día do Libro, o parladoiro “A lectura é un dereito humano?”, na que intervirá o profesor de Dereito Constitucional Fernando Flores, quen formula a posibilidade de abordar a lectura como un dereito humano, acompañado por Daniel Granados, investigador e xestor experto en dereitos culturais. Neste diálogo reflexionarase sobre o acceso á lectura como ferramenta de igualdade, cidadanía e liberdade, e da lectura como dereito clave para garantir o exercicio e cumprimento dos dereitos humanos.
Público adulto en xeral e profesionais do mundo do libro, a xestión cultural e a intermediación literaria.
Persoas adultas
23/04/2026
De 19:30 a 21 horas
1'5 h
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Bibliotecas Municipais da Coruña
Notas biográficas dos participantes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible