Patricia Kraus presenta o seu último traballo cun repertorio no que inclúe ademais temas da súa triloxía adicada á música de raiz.
Para público en xeral
26/11/2015
Xa rematou
A voz de Patricia Kraus adáptase á perfección a esta selección de cancións, ofrecendo nos seus temas a particularidade de instrumentacións e ritmos radicalmente diferentes ás acostumadas, incentivando a versatilidade da voz privilexiada dunha artista xenuína e inclasificable. Patricia Kraus ofrécenos neste concerto tamén varios temas como compositora, querendo así reflectir o paso do tempo e a evolución do intenso traballo desenvolvido nestes anos de directos coa súa banda. Uns anos nos que conseguiu un son, unha identidade e unha voz propias dentro do mundo do jazz e do R&B. Grazas a esta continua evolución no seu traballo, Patricia Kraus é hoxe día sinónimo de calidade e brillantez artística, voz que alcanza os seus rexistros máis agudos de forma totalmente natural.
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible