Por primeira vez en España o gran espectáculo musical de Pocoyó para gozar en familia!
Para público en xeral
Dende o 02/01/2016 ata o 03/01/2016
Xa rematou
Hoxe é un gran día no Mundo de Pocoyó. Todo está moi tranquilo, o sol brilla, as flores resplandecen, os paxaros dormen. Coma sempre, Pocoyó e os seus amigos, Pato, Elly, Lula, Pajaroto e Pulpo queren xogar e divertirse pero, poderán poñerse de acordo? Cada un quere xogar a unha cousa. Ás bonecas, aos monstros, aos superheroes… Serán capaces de xogar todos xuntos coma amigos?
Pocoyó e os seus amigos é un espectáculo musical en vivo que ten como protagonistas aos personaxes da famosa serie televisiva que traspasou fronteiras e que é coñecida e seguida por miles de espectadores de temperá idade en todo o mundo. Recomendado para nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, Pocoyó e os seus amigos inclúe as cancións e aventuras deste grupo de pequenos e entrañables amigos.
Xuntos viaxarán a ver as estrelas e o mar e bailarán ao son dos mellores temas musicais da serie. Un intre de diversión e entretemento cun toque educativo que fará as delicias de mozos e grandes. Pocoyó e os seus amigos chega por primeira vez en vivo aos escenarios de España. Non o podes perder.
Entidades

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025
Require inscrición

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible