O venres 17 de xuño, ás 19.00 horas, preséntase o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro.
Para público en xeral
17/06/2022
Xa rematou
19.00 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002
Para asistir debe inscribirse aquí
Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Con "Os anos do silencio" amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior "Pontevedra nos anos do medo" da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión e a resistencia contra o réxime no primeiro franquismo. Trátase de maneira especial a represión económica, a sufrida polas mulleres, a masonería e a efectuada contra a oposición política. Analiza as diversas formas de resistencia, tanto mediante os grupos de oposición política, as estratexias de resistencia dispersa, así como a resistencia armada e os grupos guerrilleiros que actuaron na provincia. Pretende combinar un enfoque didáctico e divulgativo co rigor na utilización de abundantes e variadas fontes documentais.
Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia . Profesor de historia xubilado. Autor de artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas, participando como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario. Mantén na rede desde 2008 o blog "Pontevedra nos anos do medo" dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. É autor das obras "Pontevedra nos anos do medo, Golpe militar e represión" (1936-1939). Vigo: Edicións Xerais, 2013; "Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión". Pontevedra: CMVMC de , Mourente2016 e "Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra" (1936-1951). Vigo: Edicións Xerais, 2022.
O acto, organizado pola Cátedra de Memoria Histórica da UDC e pola asociación Alexandre Bóveda, contará coa presenza de director Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, da Cátedra, e con Xosé Álvarez Castro, autor do libro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible