A xornada terá lugar na Domus e está dirixida a profesorado de primaria e secundaria
Para público en xeral
27/06/2023
Xa rematou
Formulario de inscrición aquí
16.30 - 20.00 h
https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/proxecto-make-it-open/suceso/1453822612404
Make it open é un proxecto educativo a nivel europeo que profunda no uso da filosofía do movemento maker e da escolarización aberta para a aprendizaxe STEAM. Durante o curso 22/23 varios docentes de centros educativos de primaria e secundaria realizaron actividades inspiradas en escenarios propostos dentro deste proxecto, e acadouse a participación de máis de dous mil estudantes.
No encontro do próximo martes 27 de xuño, os profesores e profesoras que participaron en Make it open compartirán os resultados do seu traballo en escolarización aberta, para profundar nas vantaxes e requisitos deste tipo de ensino así como os pasos que hai que seguir para comezar a aplicala.
Tendo en conta os positivos resultados obtidos durante este curso e a boa valoración dos recursos e ferramentas xerados no proxecto, os Museos Científicos Coruñeses seguirán traballando neste campo cos centros educativos interesados.
A duración da reunión será de tres horas e media coa seguinte orde do día:
Para participar é necesario cubrir un formulario aquí.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible