Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa " Bolsas Norteamérica 2026-27" na páxina web municipal.
Para público en xeral
Dende o 05/11/2025 ata o 18/11/2025
Xa rematou
Coa publicación, o martes 4 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, do extracto da convocatoria do programa "Bolsas norteamérica 2026-27", ábrese, desde o 5 ata o 18 de novembro (ambos os días incluídos), o prazo de solicitude das bolsas.
As Bolsas norteamérica 2026-27 ofertan 30 prazas para que as alumnas e alumnos dos centros educativos coruñeses que cursan 4º de ESO este ano poidan darlle continuidade á súa formación en Norteamérica durante o curso 2026-27, no seu primeiro ano de Bacharelato.
O primeiro paso para presentar a solicitude será cubrir unha ficha específica de inscrición a través da web de Educación, que deberá presentarse posteriormente, acompañada por toda a documentación requirida, a través dos rexistros oficiais do Concello.
Máis información na páxina do programa: Bolsas Norteamérica 2026-27
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible