Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación de "Visiones tras el velo", de Marta Edda

Marta Edda Laiz naceu na Coruña en 1985 e é lectora por vocación, devoradora de libros de fantasía, xogadora compulsiva de rol, entusiasta das motos e o heavy metal, afeccionada aos videoxogos, adicta á ciencia-ficción e fanática das historias de terror.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

11/04/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

bestudiosl@coruna.es

Tel.: 981 184 386

Aceptarías a oportunidade de non ser normal? Rafael Keller é esquizofrénico e ve monstros desde que ten memoria. Tras un novo fracaso ao saír do psiquiátrico, coñece un doutor que suxire abordar a enfermidade desde un novo ángulo: aceptar a posibilidade de non estar tolo. A partir dese momento, Raf entrará a formar parte da Sociedade do Veo e descubrirá todo un abano de criaturas lendarias que converterán a súa vida nun vórtice de tensión, carreiras e explosións. A soidade de non encaixar en ningún dos dous mundos empuxarao a aliarse co seu peor inimigo, un elfo amante do heavy metal responsable de acompañalo durante a súa formación na Axencia para a Protección do Veo.

Unha novela de corte policíaco dentro do xénero da fantasía urbana para adultos/as que atrapará as persoas lectoras máis esixentes grazas á evolución duns personaxes complexos, un estilo fluído, grandes doses de humor e unha elaborada rede de intrigas. Así como maxia, luxuria, pistolas e, desde logo, orcos, trasgos e outras bestas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión